Dando voz al duelo gestacional y perinatal directos de instagram gea psicología AGAM

Directos de Instagram sobre duelo xestacional e perinatal

Un ano máis, as matronas galegas colaboramos con Gea Atención Perinatal y Psicología nun programa de directos en Instagram sobre o duelo xestacional e perinatal.

Duelo xestacional e perinatal

A dor pola morte dun fillo ou filla é inenarrable, e a miúdo silenciada. O duelo xestacional, perinatal e neonatal merece unha atención correcta, baseada na evidencia e sobre todo na empatía e o respecto.

Desde o ano 2015, a OMS considera as taxas de morte perinatal como un dos indicadores de saúde dun país. En España, estas cifras chegan cada ano a 2000 bebés falecidos despois das 24 semanas de xestación. En moitos casos non se poden establecer as causas do falecemento, pero sí coñecemos as devastadoras consecuencias emocionais que teñen para as súas nais e pais.

Non podemos esquecer tampouco aquelas mortes xestacionais temperás, nin as interrupcións de embarazos. Todas e cada unha levan consigo a dor dunha vida que se apaga demasiado pronto, sumindo a nais, pais (e outros familiares) nunha tristeza que por desgraza, moitos aínda non acaban de comprender.

Directos en Instagram

É urxente escoitar a estas familias, dar vida a estes bebés… informar, formarnos, comprender e empatizar, como profesionais e como sociedade en xeral. Por este motivo, desde Gea Atención Perinatal y Psicología e a Asociación Galega de Matronas volvemos poñer en marcha unha serie de directos en IG no que participaremos profesionais e familias, a fin de dar voz ao duelo xestacional e perinatal.

Podes acceder nas seguintes ligazóns ás conversas da psicóloga perinatal Jesica Rodríguez (@geaperinatalpsicologia) con tres socias da AGAM:

  1. “Duelo por IVE. Necesidades profesionales de formación y conocimiento“, coa matrona Paula Sánchez Flores, directo realizado o luns 11 de outubro.
  2. Atención a la muerte gestacional y perinatal”, coa matrona e psicóloga Belén Vázquez Gómez, directo realizado o venres 15 de outubro.
  3. Lactancia y duelo perinatal”, coa matrona Daniela González, directo realizado o martes 19 de outubro.