Día Mundial da Loita contra a SIDA

Día Mundial da Loita contra a SIDA

As matronas galegas unímonos á Federación de Asociacións de Matronas de España para rememorar o Día Mundial da Loita contra a SIDA.

A primeira vez que se celebrou o Día Mundial da Loita contra a SIDA foi en 1988. Desde esa data, o virus matou a máis de 25 millóns de persoas en todo o mundo. Supón unha das epidemias máis destrutivas da Historia.

VIH e SIDA

O lema do Día mundial contra a SIDA este ano 2020 é «Solidariedade mundial, responsabilidade compartida». A SIDA é unha enfermidade causada polo VIH, un virus que ataca de maneira directa o sistema inmunolóxico. Isto provoca a longo prazo que as persoas presenten serios problemas de saúde, xa que afecta especialmente o sistema inmunitario.

Polo xeral, o VIH e a SIDA son dous termos que se tenden a confundir pensando que teñen o mesmo significado. En realidade, non sempre os portadores de VIH terminan padecendo de SIDA, se o paciente é sometido a tempo ao debido tratamento. Moitos pacientes que foron diagnosticados con VIH, non chegaron a contraer a SIDA.

Día Mundial da Loita contra a SIDA

Día Mundial da Loita contra a SIDA

Unha pandemia mundial

A SIDA converteuse nunha auténtica pandemia mundial, que cobrou a vida de millóns de persoas, especialmente no continente africano.

En todo o mundo 37 millóns de persoas viven coa SIDA e unha cuarta parte descoñece que teñen o virus. É vital que unha persoa que recibe un resultado positivo acceda a un tratamento antirretroviral para que poida tratarse, ter unha vida saudable e evitar a transmisión.

Como se contrae o VIH?

As diferentes maneiras de contraer VIH son: o contacto sexual por medio das secrecións, xa sexan vaxinais ou o seme, tamén cando hai contacto co sangue, mulleres portadoras poden transmitilo ao feto e durante a lactación materna.

Consulta coa túa matrona as dúbidas que teñas en relación coa SIDA. A prevención é o mellor tratamento contra a enfermidade.