Estes son os beneficios para socias da Asociación Galega de Matronas:
- Prezo reducido e preferencia na inscrición para socias nas formacións organizadas pola AGAM
- Vantaxes asociadas a outras asociacións: as socias da AGAM están á súa vez asociadas á FAME. Deste xeito, as nosas asociadas tamén aproveitan os beneficios e descontos nos seus cursos e congresos, ademáis da posibilidade de participación en programas de saúde e outras actividades coas que colaboren.
- Punto de encontro entre profesionais: acceso a ofertas de emprego, directorio de Matronas onde ofertar o teu servizo profesional, etc.
- Convenios con outras entidades:
- Simaes (Sindicato de Matronas de España): descontos de 15%
- On-enfermería: desconto 20% formación para socias da AGAM co código AGAM20
- Ematrona: desconto do 5% en Máster, Expertos Universitarios e Cursos de especialización e desconto do 10% noutras formacións (agás en cursos de idiomas).
- Aula Siena: 10% de desconto no curso online “Experto Universitario en Consulta y Asesoría en Lactancia Materna y Bancos de Leche Humana”, acreditado pola Universidad Camilo José Cela.
- Becas para inscrición e/ou presentación de comunicacións en congresos FAME e IHAN.
- Colaboracións como sociedade científica: A AGAM é unha sociedade científica, polo que colaboramos nos grupos de traballo do SERGAS, por exemplo elaborando guías coas aportacións que nos achegades as socias. Mantemos estreito contacto e colaboración coa universidade, os colexios de enfermería e os sindicatos, plataformas e asociacions de mulleres, e, por suposto, coa FAME, que ten acceso directo ó ministerio de Sanidade.
- Difusión e dignificación da profesión de matrona: Entre os beneficios para socias incluimos a posibilidade de formar parte do equipo que mantén información actualizada sobre formacións, recursos, investigacións, galardóns, etc. Desta forma contribuimos á dignificación da nosa profesión a través das redes sociais (web, Facebook, Instagram e Youtube), que mantemos ó día para as compañeiras, pero tamén para visibilizar a figura da matrona na sociedade.