27 Nov Duelo xestacional e perinatal: conversas nas redes
A AGAM participou durante o mes de outubro nesta iniciativa para falar sobre duelo xestacional e perinatal.
Duelo xestacional e perinatal
A morte dun fillo ou dunha filla durante o embarazo, o parto ou as primeiras semanas posparto, non é un feito habitual, pero si que é unha situación que require unha especial atención, tanto pola súa intensidade como pola complexidade da mesma. Esta situación provoca un forte impacto emocional dende o momento no que a muller e a súa parella, se é o caso, reciben a noticia e, polo tanto, precisa dun especial coidado por parte dos/das profesionais da saúde.
Así comeza a GUÍA DE ATENCIÓN NO PROCESO DE MORTE E DÓ XESTACIONAL E PERINATAL publicada este ano 2020 polo Sergas.
As matronas somos coñecedoras de primeira man da complexidade no acompañamento ante unha pérdida desta índole. Por iso consideramos moi importante non deixar de traballar na sensibilización e concienciación sobre o acompañamento ao duelo xestacional e perinatal, co ánimo de realizar un apoio eficaz e respectuoso ás familias que teñen que afrontar esta difícil experiencia.
Directos en Instagram
Co gallo de aportar luz a unha temática que segue a ser tabú na nosa sociedade, Gea Atención Perinatal y Psicología organizou unha serie de conversas sobre duelo perinatal a través dunha mirada conxunta e multidisciplinar: psicoloxía, psiquiatría, xinecoloxía, matronas, enfermería e por suposto as nais, que tanto teñen que dicir.
A iniciativa contou coa colaboración da Asociación Galega de Matronas e SATSE.
Conversas sobre duelo perinatal
Podemos visualizar os directos no perfil de Instagram de Gea Atención Perinatal e Psicología:
- “Duelo perinatal y salud mental“, con Iria Veiga, psiquiatra, directo realizado o venres 9 de outubro.
- “Atención a la muerte gestacional y perinatal”, con Natalia Pérez matrona da AGAM, directo realizado o luns 12 de outubro.
- “Buenas prácticas en periodismo y duelo perinatal”, con Eliana Martíns, directo realizado o mércores 14 de outubro.
- “Vivir y acompañar la muerte perinatal”, con Sara Arias (matrona) y con Bea Brage de Bolboretas no Ceo Norte, directo realizado o xoves 15 de outubro.
- “Duelo en unidades de Neonatología”, con directo realizado o martes 20 de outubro.
- “Duelo en Reproducción asistida”, con directo realizado o xoves 29 de outubro.