febreiro 2024 publicadas as datas das probas por concurso oposición para matronas en Galicia matronas galegas AGAM

Febreiro 2024: publicadas as datas das probas por concurso-oposición para matronas

A Xunta de Galicia fixo hoxe públicas as datas nas que se realizaán os exames previstos para as prazas por curso-oposición para acceso ao emprego público con vínculo fixo, que se realizarán no recinto feiral de Silleda.

As probas comezarán o vindeiro mes de xuño, pero non será ata febreiro de 2024 o turno para as matronas. Tal e como se recolle na información publicada “Na primeira semana de febreiro de 2024 rematarán os exames de estabilización de persoal coa realización dos exercicios de 11 categorías de persoal enfermeiro especialista en enfermaría de familia e comunitaria, enfermeiro especialista en enfermaría obstétrico-xinecolóxica (matrón/a), enfermeiro especialista en enfermaría pediátrica, enfermeiro especialista en enfermaría de saúde mental, fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, técnico superior en hixiene bucodental, técnico superior en imaxe para o diagnóstico, enxeñeiro técnico, técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información.”

Desconto On-Enfermería para socias

Lembramos que todas as socias da AGAM contan cun desconto do 20% nas formacións de On Enfermería, tamén para a preparación de oposicións por comunidades. Podedes atopar máis información sobre este convenio na seguinte ligazón e se todavía non es socia, aquí tes toda a información para unirte á AGAM. Xuntas somos máis fortes!!