
05 Nov Convenio de formación con On-enfermería
A Asociación Galega de Matronas estableceu un convenio de formación con On-enfermería do que se poden beneficiar todas as socias.
Convenio de formación con desconto na matrícula
A través deste acordo, as socias da AGAM disporán dun 20% de desconto no momento de realizar a matrícula en calquera dos cursos de On-enfermería dirixidos a matronas.
En On-enfermería atopamos unha metodoloxía de calidade, innovadora e práctica, adaptada ao noso colectivo profesional. Agora as matronas galegas poderán ampliar e enriquecer as súas posibilidades formativas a través de:
- Preparación IBCLC
- Oposicións por comunidades
- Cursos Universitarios de Especialización en Lactancia
- Experto Universitario en Lactancia Materna
Descarga aquí o PDF toda a información sobre o convenio de formación con On-enfermeria da AGAM.
Beneficios para asociadas
Aproveitamos para lembrar que na sección A asociación pódense consultar todos os beneficios para socias da Asociación Galega de Matronas.