30 Abr Xornada Día da Matrona 2024 en Guitiriz
A Asociación Galega de Matronas (AGAM) convida a todas as matronas e profesionais relacionadas coa saúde da muller a participar na emocionante xornada do “Día da Matrona 2024”, que terá lugar este sábado 4 de maio no Iberik Balneario de Guitiriz, en Lugo.
Completo programa formativo
Como novidade, este ano solicitouse a acreditación da xornada ao sistema acreditador da formación continuada dos profesionais sanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia.
Co obxectivo de fortalecer o colectivo de matronas e promover unha atención integral e de calidade á saúde da muller, a xornada conta cun completo programa:
Mañá
- 09:30 a 10:00 h. Acollida
- 10:00 a 11:30 h. Mesa “CHAN PELVIANO”:
- Escala Reeda en mujeres con episiotomía versus desgarro 2º grado, con Iria Asorey, matrona.
- Abordaxe integral da saúde da muller en Atención Primaria, con Sonia M.ª Formoso, fisioterapeuta.
- Programa de abordaxe de disfuncións de solo pelviano feminino en atención primaria do Servizo Galego de Saúde, con Loli Martínez, Técnica de la Subdirección Xeral de Atención Primaria. Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria.
- 11.30 a 12.00 h. Café
- 12:00 a 13:30 h. Mesa “A MATRONA NA COMUNIDADE”
- Matronas y acción comunitaria: Suelo pélvico en mariscadoras, con Loli Rodríguez, matrona.
- Queréndonos ben: Obradoiro de educación afectivo-sexual en 1º y 2º de la ESO, con Antía González, matrona.
- A forza do grupo, con Natalia Pérez, matrona.
- 13.30 a 14.30 h. Asamblea Xeral Ordinaria da AGAM (só para socias)
- 14:30 a 16:00 h. Xantar de confraternización (CONSULTAR PREZO*)
Tarde
- 16.00 a 18:00 h. Taller de Aromaterapia
Inscricións gratuitas
Esta xornada está dirixida a matronas, residentes de matronas e a todas aquelas profesionais comprometidas coa saúde e o benestar da muller.
- Data e Hora: 4 de maio de 2024, a partir das 09:30 horas.
- Lugar: Iberik Balneario de Guitiriz, Lugo.
- Inscrición: a asistencia á xornada é gratuita agás o xantar de confraternización (que será aboado de forma individual), pero é necesario inscribirse ATA O XOVES 2 DE MAIO (INCLUIDO).
- Xantar de Confraternización: Dispoñible baixo reserva previa. Consulta os detalles sobre os prezos e as opcións de menú aquí.
Colaboracións
Este evento conta con apoio de MSD, Medela, Cumlaude, Ozoaqua e Enna, así como á colaboración de destacadas profesionais no campo da saúde da muller.