Nova campaña de vacinación antigripal 2020

A semana pasada tivemos reunión co Sergas e os colexios de enfermería das distintas provincias para informarnos sobre os obxectivos a acadar e abordar as estratexias a seguir para a nova campaña de vacinación antigripal 2020.

Os puntos principais a tratar foron os resultados obtidos na campaña antigripal en embarazadas no ano 2019 e os obxectivos da actual campaña antigripal.

Campaña de vacinación antigripal 2020

  • Persoal sanitario: comezou o 5 de outubro
  • Poboación en xeral: do 13 de outubro ao 31 de decembro.

Este ano resulta de suma importancia acadar altas tasas de vacinación na campaña contra a gripe para axudar na loita contra a pandemia Covid-19 e optimizar deste xeito os recursos sanitarios. É importante indicarlle aos usuarios que este ano hai que concertar cita previa para a vacinación e non acudir directamente aos centros de saúde.

Dende a AGAM informamos da importancia da difusión desta campaña entre as xestantes por ser poboacion de risco e recordamos que a recomendación da vacinación antigripal das autoridades sanitarias inclúe a todolos profesionais da saúde.

O Sergas creou a web gripe.sergas.es para informar á poboación e ao persoal sanitario sobre esta campaña.

INFORMACIÓN PROFESIONAL

As principais novidades da vacina da gripe fronte a campaña do ano pasado son:

  • Utilización de 3 tipos de vacinas
  • Vacinación en puérperas nos 6 primeiros meses tras o parto?

Con referencia á prescripción da vacina, dende a Consellería de Sanidade infórmannos de que “esta vacunación se realiza como consecuencia de una decisión de la autoridad sanitaria en materia de salud pública, por un riesgo epidemiológico y para preservar la salud colectiva y de las personas con mayor riesgo de desarrollar complicaciones por esta enfermedad, por lo que no requiere diagnóstico ni prescripción previa”.

Consulta de documentación complementaria: