21 Xan Un estudo busca coñecer os efectos da vacina de Moderna (SARS-CoV-2)
As mulleres galegas que reciban a vacina de Moderna fronte ao Covid-19 e estén interesadas en participar, terán que cubrir o formulario de acceso ao estudo.
LactApp xa puxo en marcha un estudo semellante para avaliar os efectos da vacina de Pfizer fronte ao coronavirus ao comezo da campaña de vacinación estatal. Nesta ocasión, o estudo ten como obxectivo avaliar a transmisión da inmunidade contra o virus SARS- CoV-2 a través do leite materno trala administración da vacina contra a COVID-19.
Desde a AGAM animamos a todas as matronas que comentes coas mulleres a posibilidade de participar nesta investigación. A iniciativa de LactApp de seguro beneficiará no futuro a moitas familias con bebés alimentados con leite materno.
Que hai que facer para participar neste estudo sobre a vacina de Moderna?
Para levar a cabo o estudo necesitamos que as mulleres extraian leite (uns 10 mL) en varias ocasións. O día antes da administración da vacina realizaríase a primeira extración. Despois, as seguintes serían ás 12 horas, 48 horas, 7 días, 15 días e 30 días despois da administración da vacina. Esta extracción de leite débese realizar por cada dose da vacina.
Ademáis, ao comezo do estudo, colleitaranse os datos clínicos e sociodemográficos mediante un formulario en liña. Para a escolma dos efectos secundarios, as mulleres terán que encher un formulario 4 días despois da vacinación. Nel, aportarase información tanto da nai coma do bebé.
Como se accede ao formulario de participación?
As nais interesadas poden encher este formulario para entrar no estudo.
Nesta ligazón atoparán o acceso para ler tamén a carta de presentación do estudo así como os consentimentos informados correspondentes.