matronas galegas presentaron a súa tese de doutoramento agam

Dúas matronas galegas presentaron a súa tese de doutoramento

Desde a AGAM agradecemos o seu esforzo e adicación ás dúas matronas galegas que presentaron este mes de xullo as súas teses de doutoramento.

A matrona María Dolores Martínez Romero presentou a súa tese de doutoramento “Evolución de la calidad asistencial en la atención sanitaria al parto puerperio en los hospitales públicos de Galicia en el último decenio”.

A matrona galega María Dolores Martínez Romero presentou a súa tese doutoral sobre a calidade da atención sanitaria ao parto e puerperio

Esta tese constitue o primeiro estudio realizado en Galicia que analiza a evolución da atención ás mulleres durante o parto e puerperio, tras dez anos da publicación da Estratexia de Atención ao Parto Normal (EAPN) no Sistema Nacional de Saúde. Tamén é o primeiro en España, en empregar a escala Bolonia para avaliar a calidade asistencial da atención ao parto.
Como conclusións, Dolores Martínez sinala que trala implantación do novo modelo de atención ao parto, a calidade de atención intraparto brindada ás mulleres nos hospitais públicos galegos segue a mellor evidencia científica dispoñible para a atención ao parto normal nun grao limitado e que, ainda que mellorou en algúns aspectos no último decenio, noutros apenas cambiou e mesmo empeorou, polo que é necesario seguir implementando a EAPN.

Pola súa parte, Myriam Santos Folgar, realizou a súa tese de doutoramento sobre a “Evaluación de las habilidades en el manejo de la vía aérea y ventilación en soporte vital básico e instrumental“.

A matrona galega Myriam Santos Folgar presentou a súa tese doutoral sobre manexo de vías aérea e ventilación en soporte vital básico e instrumental 2022