
02 Out Curso Lexislación para matronas con Lorena Moncholí
O vindeiro 17 de novembro, a AGAM en colaboración co Colexio de Enfermería de Lugo, organizan o curso Lexislación para matronas: dereitos da muller no parto e nacemento.
O curso será impartido por Lorena Moncholí, avogada especializada en Dereito Sanitario, dereitos no parto e nacemento e todo o vencellado coa protección á maternidade e á infancia.
Os obxectivos do curso son dar a coñecer ás matronas a lexislación vixente no desempeño da súa profesión. Ademáis, preténdese aprender lexislación básica sobre:
– os dereitos das mulleres na atención sanitaria da saúde sexual e reprodutiva de maneira detallada e específica.
– os dereitos relacionados coa atención ao parto e nacemento.
– as obrigas legais do persoal sanitario tanto na atención primaria como hospitalaria e domiciliaria.
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 9 de novembro. Prazas limitadas!
**IMPORTANTE: Editamos para aclarar que o prezo para socias exténdese tamén para quen se asocie ata o 19 de outubro (incluido).**
7