
18 Mai Curso “Actualización en Dietoterapia en AP y ciclo vital de la mujer”
O vindeiro mes de xuño terá lugar esta formación en nutrición para matronas organizada pola AGAM.
Formación presencial a través de plataforma virtual
Trátase dunha formación presencial que se desenvolverá a través dunha plataforma virtual durante os días 8,9, 15 e 16 de xuño en horario de mañá.
Está solicitada a acreditación ao sistema acreditador de formación continuada, mais as sesións quedarán gravadas para poder visualizalas de novo ao longo do mes de xuño. Non obstante, para obter a acreditación hai que ver en directo todas as sesións nos días e horas indicadas.
Docentes de recoñecido prestixio
A Academia de Nutrición Aleris é a encargada de impartir este curso de nutrición para matronas. A formación contará con docentes da talla de Aitor Sánchez (autor de “Mi dieta cojea”) e Lucía Martínez (autora do blog “Dime qué comes”), entre outros.
Pautas para unha alimentación saudable, o papel do persoal sanitario en atención primaria, valoración e seguimento dietético da paciente, nutrición no ciclo vital da muller, a muller vexetariana, alimentación infantil… son algúns dos contidos nos que se afondará neste curso, dirixido a matronas e residentes de matronas.
Inscricións
O prazo de inscricións remata o vindeiro 4 de xuño ou ata que se esgoten as prazas. Inscríbete agora!