convenio colaboración agam simaes matronas galegas acordo

Convenio de Colaboración Mutua entre AGAM e SIMAES

Desde a AGAM queremos informar a todas ás nosas asociadas que estableceuse un convenio de colaboración entre SIMAES e a Asociación Galega de Matronas.

O obxectivo deste acordo é elaborar actividades de interese común para a profesión de matrona e dotar dun marco formal á cooperación mutua entre estas dúas entidades.

O principal obxectivo de SIMAES é a DEFENSA DOS DEREITOS das MATRONAS e a REIVINDICACIÓN de constantes melloras nas condicións de vida e de traballo das matronas.

Entre os FINS que persegue SIMAES destacamos:

  • A defensa do dereito de todas as Matronas a un emprego estable.
  • A equiparación social e laboral das Matronas.
  • A promoción do exercicio público e privado da profesión.
  • A consecución das mellores condicións de emprego e traballo do colectivo.
  • A solidariedade cos traballadores de todos os sectores da sociedade.
  • Alcanzar as mellores condicións de vida e de promoción laboral e sociocultural das Matronas.
  • A defensa dos Servizos Públicos como elemento de redistribución social e garantía de igualdade de acceso dos cidadáns aos devanditos servizos.

SIMAES procederá a aplicar un desconto do quince por cento (15%) a todos os asociados da AGAM que manifesten o seu desexo de afiliarse ao Sindicato de Matronas Españolas.
Descarga o documento do acordo con SIMAES