lactancia materna agam smlm 2018 pilar de vida

Celebración da Semana Mundial da Lactancia Materna 2018

Hoxe remata a Semana Mundial da Lactancia Materna. Levamos desde o 1 de agosto publicando no noso Facebook mensaxes vencelladas ao lema proposto este ano pola WABA (World Alliance for Breastfeeding Action): Lactancia materna, pilar de vida.

Día 1: Lactancia materna, pilar de vida

Os obxectivos marcados para este ano son informar, afianzar, comprometer e impulsar.

Día 2: 10 pasos para unha lactancia exitosa

A Organización Mundial da Saúde (World Health Organization (WHO) elaborou este poster no que se ilustran 10 PASOS PARA UNHA LACTANCIA EXITOSA, ou cómo OS HOSPITAIS AXUDAN ÁS NAIS A DAR O PEITO:

Día 3: nota de prensa da WABA

“Se a lactancia materna non existise, quen a inventase hoxe merecería un dobre Premio Nobel en Medicina e Economía.” Keith Hansen (Banco Mundial).
Con esta cita comeza o comunicado de prensa da WABA World Breastfeeding Week, coa que se resume a importancia da lactancia materna na sociedade.

Por outro lado, fixémonos eco da programación de actividades desenvolvidas no Hospital Provincial de Pontevedra con motivo da celebración da Semana Mundial da Lactancia Materna.

Día 4: aleitar en calquera momento, en calquera lugar

E tamén compartimos este cartel no que pretendemos contribuir a unha sociedade que facilite a lactancia materna, apoiando ás nais para que aleiten en calquera momento e en calquera lugar.

Día 5: importancia do inicio temperá da lactancia materna

Aproveitamos a SMLM18 para salientar tamén a importancia da lactancia desde a primeira hora de vida do bebé. O inicio temperá da lactancia materna, o mellor comezo para os recén nados.

Día 6: compatibilidade de medicamentos coa lactancia

Xa na recta final da Semana Mundial da Lactancia Materna 2018, decidimos difundir información sobre a web E-lactancia.org.
Moitas nais abandonan o peito por descoñecemento da compatibilidade de medicacións e enfermidades coa lactancia. Por sorte, Apilam (Asociación para la Promoción e Investigación científica y cultural de la Lactancia Materna) pon a disposición das familias e profesionais esta páxina ononde se poden consultar as compatibilidades de:

  • Medicamentos: ibuprofeno? amoxicilina?
  • Prantas e outros:xenxibre? bicarbonato de sodio?
  • Enfermidades: gripe? gastroenterite?
  • Procedementos Médicos: radiografía? extracción dunha peza dental?
  • Procedementos Cosméticos: láser? tatuaje?

“A lactancia materna é o fenómeno máis saudable para bebés e nais en todo tempo e lugar. Moi pocas situacións xustifican contraindicala.” (Apilam)

Día 7: asociacións e grupos de apoio á lactancia

Non podíamos esquecer o póster elaborado pola AGAM “Lactando nos tempos do WhatsApp”:

E por último, pechamos a celebración desta #SMLM18 resaltando a importancia do acompañamento e o apoio da familia e da sociedade para gozar dunha lactancia materna máis feliz e duradeira.

En Galicia contamos con moitas asociacións e grupos de apoio á lactancia:
ALMA, lactancia materna: A Coruña
Criando, apoyo a la Lactancia Materna: A Coruña
Teta e Coliño: Santiago, A Coruña e Vigo
Alecria: Santiago
Mámoa Compostela: Santiago
ACHUCHAR: Ribeira
BBTTA: Narón
Bico de leite – Asociación lucense pro lactancia materna: Lugo
Asociación de apoio á lactancia materna Arrolos de Teta: Ourense

Bico Doce Lactancia: Viana do Bolo
Denaianai: Barco de Valdeorras
Teta Meiga-Grupo apoio lactancia materna: Pontevedra

Asociación Chuchamel en apoio á lactancia materna: Pontevedra
Mamoa Pontevedra: Pontevedra
Pinga Doce: Tui
E por suposto, en moitos centros de atención primaria hai matronas que organizan grupos de postparto, así coma matronas autónomas que xestionan grupos de apoio á lactancia e crianza.

A SMLM2018 chegou ao seu fin, mais desde a AGAM seguiremos traballando día a día pola normalización da lactancia materna, pilar da vida.