Xornada Día da Matrona 2022 (7 maio, Laias)

Co gallo da celebración do Día Internacional da Matrona, o vindeiro sábado 7 de maio as matronas galegas organizamos unha xornada centrada no autocoidado e a confraternización.

Prazas non dispoñibles neste momento

Programa da Xornada “Día da Matrona 2022”

Mañá

  • 09:30 a 09:45 h. Acollida
  • 10:00 a 11:00 h. Sesión de ioga.
  • 11.00 a 11.30 h. Café
  • 11:30 a 13:00 h. Asamblea ordinaria AGAM
  • 13: 00 a 14:30 h. Proxección filme “Huellas“. Un documental sobre a primeira fase da vida, aquela que non lembramos, e as pegadas que nos deixa. Coa participación de: Michel Odent, Ibone Olza, Laura Gutman, José Luis Gonzalo, Rafael Benito, e xunto a familias comprometidas cunha crianza respectuosa co ser humano e o seu desenvolvemento.
  • 14:30 a 16:00 h. Comida

Tarde

  • 17.00 a 18:00 h. Sesión Spa
  • 18:00 a 20 :00 h. Reunión Xunta directiva

Asistencia á Xornada “Día da Matrona 2022”

O evento terá lugar no Hotel Balneario de Laias (Ourense) e é preciso inscribirse antes do día 2 de maio.

  • Reserva de praza para asistir á xornada: gratuita para socias, residentes e non socias.
  • Reserva de praza para asistir á xornada e á comida:
    • socias e residentes: 20,00 €
    • non socias: 25 €

Convenio para aloxamento no hotel

Se algunha matrona estivera interesada en aloxarse no hotel durante a fin de semana no que se desenvolverá a xornada, a AGAM estableceu un acordo especial polo que se ofrece un prezo reducido ás asitentes á xornada:

• Aloxamento e almorzo en habitación doble: 56€ persoa e noite
• Aloxamento e almorzo en habitación doble (uso individual): 75€ persona e noite.

Para as reservas, as interesadas deberán contactar directamente co hotel indicando a súa asistencia a esta xornada.

LUGAR: Laias Caldaria Hotel Balneario (Carretera, N-120, km 585, 32459, Ourense)

PREZO: Asistencia gratuita previa inscrición ás actividades da mañá. Asistencia á xornada completa, incluindo a comida de confraternización: 20 € socias e residentes, 25 € non socias.

INSCRICIÓN: ata o 2 de maio.

ORGANIZA: Asociación Galega de Matronas

Tipo Suscripción

Socias, Residentes, No socias

SKU: Dia_matrona_laias Categoría: Etiqueta: