Xornada “Día da Matrona 2023” en Sanxenxo

0,0028,00

Co gallo da celebración do Día Internacional da Matrona, o vindeiro sábado 6 de maio as matronas galegas organizamos unha xornada formativa e de confraternización.

Limpar

Programa da Xornada “Día da Matrona 2023”

MañáCartel - Día da Matrona 2023 AGAM

  • 09:30 a 10:00 h. Acollida
  • 10:00 a 11:30 h. Mesa VPH:
    • Coñecendo o VPH, coa xinecóloga Olaia Justo
    • O Cribado de Cancro de Cérvix, coa matrona Lucía Mosquera
    • Vacinación VPH, coa matrona María Coego
  • 11.30 a 12.00 h. Café
  • 12:00 a 13:30 h. Mesa ENDOMETRIOSE
    • Asociación querENDO: Mulleres con endometriose
    • A realidade da Endometriose, coa xinecóloga Helena Rodríguez
    • Educación para a saúde na Endometriose: tratamentos alternativos e/ou complementarios, coa matrona Carmen Amorín
  • 13.30 a 14.30 h. Asamblea Xeral Ordinaria da AGAM (só para socias)
  • 14:30 a 16:00 h. Xantar de confraternización (CONSULTAR PREZO*)

Tarde

  • 16.00 a 17:30 h. Clase de defensa persoal

Asistencia á Xornada “Día da Matrona 2023”

O evento terá lugar no Hotel Galatea (Sanxenxo, Pontevedra) e é preciso inscribirse antes do día 2 de maio.

  • Reserva de praza para asistir á xornada: gratuita para socias, residentes e non socias.
  • Reserva de praza para asistir á xornada e ao xantar:
    • socias e residentes: 15,00 €
    • non socias: 28,00 €

Convenio para aloxamento no hotel

Se algunha matrona estivera interesada en aloxarse no hotel durante a fin de semana no que se desenvolverá a xornada, a AGAM estableceu un acordo especial polo que se ofrece un prezo reducido ás asitentes á xornada:

  • Aloxamento e almorzo buffet en habitación doble: 98€
  • Acceso ao SPA (1 h 30 min): 16 € por persoa.

Para as reservas, as interesadas deberán contactar directamente co hotel canto antes, indicando a súa asistencia a esta xornada.

  • LUGARHotel Galatea (Paxariñas,s/n, 36970, Pontevedra)
  • PREZO*: Asistencia gratuita previa inscrición ás actividades da mañá. Asistencia á xornada completa, incluindo a comida de confraternización: 15 € socias e residentes, 28 € non socias.
  • INSCRICIÓN: ata o 2 de maio.
  • ORGANIZA: Asociación Galega de Matronas
  • COLABORA: MSD, Nursicare e VEA OLIO.
tipo

xornada sen xantar SOCIA, xornada sen xantar RESIDENTE, xornada sen xantar NON SOCIA, xornada con xantar SOCIAS, xornada con xantar RESIDENTES, xornada con xantar NON SOCIAS

SKU: diadamatrona2023 Categoría: Etiqueta: