Curso “Manejo de los problemas de la lactancia derivados de la anquiloglosia: cuidados e intervención”

120,00

APERTURA PRAZO INSCRICIÓN: 28 de outubro (socias), 2 de novembro (residentes e non socias).

 

Limpar

A AGAM organiza o curso de “Manejo de los problemas de la lactancia derivados de la anquiloglosia: cuidados e intervención” que impartirá Marcos Camacho, matrón en Comatrizes, o vindeiro 13 de decembro en Santiago de Compostela.

Dirixido a:

  • Matronas e residentes de matronas
  • Prazo de inscricións:
    • 28/10/2022: apertura de inscricións para socias ás 12:00 h, prezo: 120,00 € (Faite socia da AGAM aquí).
    • 02/11/2022: poderánse inscribir a partir das 12:00 h. residentes (prezo: 120,00 €) e non socias da AGAM (prezo:180,00 €).

Método de aprendizaxe:

  • 100% presencial
  • Só 25 prazas, para garantizar unha adecuada participación e seguemento.
  • Clase maxistral con Power Point, visulaización de máis de 50 fotografías e máis de 20 videos.
  • Roll play de casos.
  • Simulación con simulador
  • 10 horas de duración (xornada intensiva) 

Data e lugar de celebración

A formación realizarase nunha única sesión o martes 13 de decembro, de 09:00 a 21:00 h. na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)

Docencia

  • Profesor: Marcos Camacho, matrón en Comatrizes (máis información sobre a súa traxectoria aquí).

Obxectivos:

Obxectivos xerais:

  • Ensinar a manexar e resolver os problemas de lactación materna derivados dunha anquiloglosia do recén nado.

Obxectivos específicos:

  • Coñecer a anatomía da cabeza do recentemente nado, sobre todo e en profundidade da lingua.
  • Diagnosticar os casos con anquiloglosia e clasificalos.
  • Saber manexar as ferramentas de avaliación lingual ATLFF de Hazelbaker e de frenillo lingual de Martinelli.
  • Coñecer como realizar unha boa anamnesis #ante mulleres que presentan algún problema derivado de anquiloglosia.
  • Ser conscientes dos problemas derivadas da anquiloglosia, tanto na lactación materna como na vida diaria baseado na evidencia científica dispoñible do últimos cinco anos.
  • Manexar e resolver a anquiloglosia a través da frenotomía.
  • Saber realizar unha frenotomía e cando realizala.
  • Coñecer os coidados postfrenotomía e as complicacións derivadas delas.
  • Saber manexar e enfrontarse aos pais dun bebé que necesita unha frenotomía.
  • Coñecer as competencias e a lexislación en canto á práctica da frenotomía por parte da matrona.

Contido da xornada

    • 9:00-11:00           Anatomía del recién nacido y diagnóstico de anquiloglosia
    • 11:00-11:30          Descanso
    • 11:30- 14:00         Manejo de la anquiloglosia: frenotomía, cuidados y complicaciones Implicaciones legales
    • 14:00 -16:00        Descanso
    • 16:00- 17:00        Roll – play de casos
    • 17:00-18:00         Casos reales y evaluación
    • 18:00-18:30         Descanso
    • 18:30-21:00         Practicas de frenotomía en muñeco de simulación
Tipo de praza

Socias, Residentes, Non socias