A AGAM, ante o gran éxito de convocatoria, organiza unha segunda sesión do curso de “Manejo de los problemas de la lactancia derivados de la anquiloglosia: cuidados e intervención” que impartirá Marcos Camacho, matrón en Comatrizes, o vindeiro 14 de decembro en Santiago de Compostela.
Dirixido a:
- Matronas e residentes de matronas
- DEBIDO Á DISPOÑIBILIDADE DE PRAZAS NESTA SEGUNDA EDICIÓN, abrimos tamén o curso a outras profesións (pediatras, odontopediatras, etc.). No caso de fisioterapeutas, poderán asistir con acceso só á parte teórica (e con prezo especial, para máis información, contactade coa AGAM).
- Prazo de inscricións:
- 29/11/2022: apertura de inscricións para socias ás 12:00 h, prezo: 120,00 € (Faite socia da AGAM aquí).
- 05/12/2022: poderánse inscribir a partir das 12:00 h. residentes (prezo: 120,00 €) e non socias da AGAM (prezo:180,00 €).
Método de aprendizaxe:
- 100% presencial
- Só 25 prazas, para garantizar unha adecuada participación e seguemento.
- Clase maxistral con Power Point, visulaización de máis de 50 fotografías e máis de 20 videos.
- Roll play de casos.
- Simulación con simulador
- 10 horas de duración (xornada intensiva)
Data e lugar de celebración
A formación realizarase nunha única sesión o mércores 14 de decembro, de 09:00 a 21:00 h. na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)
IMPORTANTE
Debido a que esta formación convocouse con pouco tempo de antelación á data de realización do curso, resulta imposible solicitar a acreditación ao Sistema Acreditador da Formación Continuada, polo que as persoas que asistan o día 14 NON OBTERÁN TÍTULO CON CRÉDITOS, se non un diploma de aproveitamento do curso.
Docencia
- Profesor: Marcos Camacho, matrón en Comatrizes (máis información sobre a súa traxectoria aquí).
Obxectivos:
Obxectivos xerais:
- Ensinar a manexar e resolver os problemas de lactación materna derivados dunha anquiloglosia do recén nado.
Obxectivos específicos:
- Coñecer a anatomía da cabeza do recentemente nado, sobre todo e en profundidade da lingua.
- Diagnosticar os casos con anquiloglosia e clasificalos.
- Saber manexar as ferramentas de avaliación lingual ATLFF de Hazelbaker e de frenillo lingual de Martinelli.
- Coñecer como realizar unha boa anamnesis #ante mulleres que presentan algún problema derivado de anquiloglosia.
- Ser conscientes dos problemas derivadas da anquiloglosia, tanto na lactación materna como na vida diaria baseado na evidencia científica dispoñible do últimos cinco anos.
- Manexar e resolver a anquiloglosia a través da frenotomía.
- Saber realizar unha frenotomía e cando realizala.
- Coñecer os coidados postfrenotomía e as complicacións derivadas delas.
- Saber manexar e enfrontarse aos pais dun bebé que necesita unha frenotomía.
- Coñecer as competencias e a lexislación en canto á práctica da frenotomía por parte da matrona.
Contido da xornada
- 9:00-11:00 Anatomía del recién nacido y diagnóstico de anquiloglosia
- 11:00-11:30 Descanso
- 11:30- 14:00 Manejo de la anquiloglosia: frenotomía, cuidados y complicaciones Implicaciones legales
- 14:00 -16:00 Descanso
- 16:00- 17:00 Roll – play de casos
- 17:00-18:00 Casos reales y evaluación
- 18:00-18:30 Descanso
- 18:30-21:00 Practicas de frenotomía en muñeco de simulación