XIV Xornada de Saúde Perinatal e Reprodutiva novembro 2021

XIV Xornada de Saúde Perinatal e Reprodutiva

Santiago de Compostela acolle de novo esta formación de gran interese para matronas.

Xornada de Saúde Perinatal e Reprodutiva

Os vindeiros días 22 e 23 de novembro levarase a cabo a XIV Xornada de Saúde Perinatal e Reprodutiva. Trátase dunha actividade formativa dirixida a todo o personal sanitario, especialmente o que traballa no ámbito da saúde sexual e reprodutiva da muller e saúde perinatal.

Os obxectivos desta formación son:

  • Sensibilizar ao persoal sanitario da necesidade de prestar unha atención máis humanizada durante o embarazo, parto e puerperio, centrada nas necesidades da muller, do seu fillo/a e da súa familia.
  • Actualizar coñecementos no ámbito da saúde sexual e reprodutiva da muller e da saúde perinatal.
  • Sensibilizar ao persoal sanitario da necesidade de promover as boas prácticas asistenciais no ámbito da saúde sexual, reprodutiva e perinatal.

Programa e inscricións

Esta formación desenvolverase en horario de tarde en modalidade presencial. Na súa programación conta coa participación das matronas Esther Martínez Bécares e Natalia Pérez Martínez, ademáis de Mª Dolores Martínez Romero como programadora docente da actividade formativa.
O prazo para inscribirse remata o vindeiro venres 22 de outubro. Accede aquí para formalizar a túa inscrición.

XIV Xornada Saude Perinatal Reprodutiva- programa_actividade_formativa_218656XIV Xornada Saude Perinatal Reprodutiva- programa_actividade_formativa_218656 (2)