05 Mai Xornada Día da Matrona 2026 – AGAM
A Asociación Galega de Matronas convoca ás compañeiras de profesión nesta esperada cita anual: a Xornada do Día da Matrona 2026 celebrarase o vindeiro 30 de maio en Vigo.
Animamos a todas as matronas, sexan socias, residentes de matrona ou non socias, a participar deste espazo no que poderemos reencontrarnos, formarnos e seguir avanzando xuntas na profesión de matrona, compartindo experiencias e reflexionando sobre os retos e oportunidades que afrontamos nas distintas áreas asistenciais.
Programa da xornada
- 09:30 – 10:00 h. Acollida
- 10:00 – 10:40 h. Ponencia “Coñecendo o programa de Centros Comprometidos coa Excelencia en coidados BPSO”, con Ana Carballo e Macarena Chacón
- 10:40 – 11:40 h. Ponencia “Alimentación consciente”, coa nutricionista Adriana Fernández
- 11:40 – 12:10 h. Café
- 12:10 – 12:30 h. Ponencia “Intervención educativa en saúde menstrual en persoas con Síndrome de Down (Premio Comunicación Oral FAME 2025)”, coa matrona Carla García
- 12:30 – 13:30 h. Micro aberto: encontro para compartir preocupacións das matronas
- 13:30 – 14:30 h. Asemblea Ordinaria AGAM (exclusivo socias)
- 14:30 – 16:30 h. Xantar de confraternización
- 16:30 – 18:30 h. Obradoiro “Utilización dos anestésicos locais na dor pélvica perineal relacionada co parto”, con Elisa Fernández
Para esta xornada formativa, solicitouse a acreditación correspondente ante o Sistema Acreditador da Formación Continuada. Está organizada pola Asociación Galega de Matronas (AGAM), e conta coa colaboración de CINFA, Ozoaqua, Cumlaude e Vea Olio , que contribúen a facer posible esta cita anual de referencia para a profesión.
Información práctica
- LUGAR: UNED Vigo, 4ª planta do Auditorio de Congresos Mar de Vigo (Vigo, Pontevedra)
- INSCRICIÓN: ata o mércores 27 de maio (incluído)
Asistencia á xornada:
- Asistencia á xornada (mañá e taller): gratuíta (previa inscrición)
- Xornada completa + xantar de confraternización:
- Socias e residentes: 5 €
- Non socias: 25 €
A inscrición é obrigatoria para asistir á xornada.
- Apertura de inscricións:
- Socias AGAM: xa dispoñibles aquí
- Residentes e non socias: a partir do venres 8 de maio (tamén podes facerte socia aquí, tamén se estás en periodo de formación)
A Xornada do Día da Matrona 2026 constitúe unha oportunidade clave para o intercambio de coñecemento, a actualización profesional e o fortalecemento da comunidade de matronas en Galicia, promovendo espazos de diálogo e reflexión compartida arredor dos retos actuais da práctica asistencial.