Xa está dispoñible a guía de atención no proceso de morte e dó xestacional e perinatal

A morte dun fillo ou dunha filla durante o embarazo, o parto ou nas primeiras semanas posparto, non é un feito habitual pero si que é unha situación que require unha especial atención xa que provoca un forte impacto emocional dende o momento no que a muller e a súa parella, se é o caso, reciben a mala nova, polo tanto, precisa dun especial coidado por parte dos e das profesionais da saúde.

Esta guía vai dirixida aos e ás profesionais sanitarios/as e non sanitarios/as do Servizo Galego de Saúde, co fin de mellorar a calidade da atención ás mulleres (xestantes ou puérperas), das súas parellas se é o caso, familia e persoas achegadas, ante unha situación de morte dun fillo ou filla, xa sexa unha morte xestacional, perinatal ou neonatal, no momento de recibir a mala nova, durante a atención ao embarazo, parto, puerperio inmediato así coma no seguimento puerperal posterior.

Acceso á publicación