
11 Nov Vacinación en mulleres embarazadas e inmunización materna (webinar gratuito)
Este xoves 12 de novembro ás 18.00 celebrarase un webinar de presentación do proxecto sobre vacinación en mulleres embarazadas e inmunización materna.
Presentación do proxecto
A Asociación Nacional de Enfermería e Vacinas (ANENVAC), xunto co programa Nursing Now, presentan a través dun webinar gratuito este interesante proxecto sobre a vacinación en mulleres embarazadas e inmunización materna no que colabora Sanofi-Pasteur, e que conta co aval da FAME, AEM, Consejo General de Enfermería e CECOVA.
O obxectivo principal da atención prenatal é asegurar o nacemento de nenos e nenas sas cun risco mínimo para as nais. Debe realizarse unha avaliación da situación inmunitaria e antecedentes de vacinación da muller que desexa quedar embarazada.
É particularmente importante que as mulleres susceptibles en idade fértil aseguren a inmunidade fronte ao sarampelo, a rubéola, a parotiditis e a varicela, xa que estas vacinas están contraindicadas durante o embarazo e a infección en mulleres embarazadas non inmunes pode afectar negativamente o resultado do embarazo.
As vacinas e o embarazo
As 7 cousas principais que se deben saber:
- As vacinas que se administran durante o embarazo non só protexen á embarazada, senón que tamén dan ao bebé algo de protección temperá!
- As vacinas para mulleres embarazadas son moi seguras, tanto para a embarazada como para o seu pequeno
- A tosferina pode ser moi perigosa para o bebé.
- Contraer a gripe durante o embarazo pode causar graves complicacións.
- Cando se trata das vacinas, poñerllas no momento indicado é importante.
- Todas as persoas que estean ao redor do bebé tamén poden necesitar vacinarse.
- Se queda embarazada novamente, necesitará volver vacinarse.
En ANENVAC elaboraron uns materiais para formar ás matronas nas vacinacións das embarazadas e que servirán tamén para empregar na educación maternal.
Máis información
Consulta o programa e ponentes deste evento aquí.
Accede directamente ao webinar o xoves 12 de novembro ás 18:00 horas nesta ligazón.