comunicado IHAN vacuna covid lactancia materna

Información da vacina fronte a Covid-19 no embarazo, lactancia e para profesionais da saúde.

A vacina fronte a Covid-19 suscita moitas dúbidas en relación á compatibilidade co embarazo e a lactancia.

Vacina fronte a Covid-19 e embarazo

A Federación de Asociacións de Matronas de España compartiu un artigo a día 13/01/21 para despexar dúbidas sobre a compatibilidade da vacina fronte ao Covid-19 e o embarazo. Pola súa banda, o Comité Asesor de Vacinas da Asociación Española de Pediatría tamén actualizou a data 13/01/21 un artigo no que recollen as recomendacións das principiais sociedades científicas ao respecto.

Podemos con esta información concluir que:

  • A recomendación xeral para embarazadas é non vacinarse polo momento. Nesta primeira etapa da campaña de vacinación as embarazadas non son un público diana.
  • No caso de embarazadas que traballen en primeira liña de cobertura sanitaria ou aquelas que traballen en residencias de maiores ou con persoas de risco, deberán valorar de forma individual os riscos e ventaxas da administración da vacina. Cómpre lembrar que ata o de agora non hai constancia de transmisión intraútero. Ademáis, dispóñense de moi poucos datos sobre os efectos secundarios da vacina en embarazadas.

Vacina fronte a Covid-19 e lactancia materna

Desde a IHAN emitiron un comunicado a día 13/01/21 no que conclúen que:

  • A vacinación fronte á Covid-19 en nais que aleitan é compatible e segura.
  • Ás nais que aleitan que pertenzan a grupos de riscos susceptibles de recibir a vacina, débeselles ofrecer sen restricións e deben ter a posibilidade de tomar unha decisión informada.
  • NON existe ningunha xustificación para suspender a lactación materna como condición para administrar a vacina contra a COVID-19.

Pola súa parte, AELAMA tamén se posicionou sobre a compatibilidade da vacina fronte ao Covid-19 e a lactancia materna nun comunicado o 13/01/21. Neste documento indícase que “no momento actual, e a falta de coñecer o impacto da vacina en condicións reais de práctica clínica, no caso de que a nai lactante teña indicación de recibir a vacina, o balance beneficio-risco favorece claramente á vacinación sen interromper a lactación.

En relación á doazón de leite materno, desde a Asociación Española de Bancos de Leite Materno emitiron un comunicado no que informan que as vacinas fronte ao Covid-19 considéranse compatibles durante o aleitamento e a doazón de leite.

[ACTUALIZACIÓN]  O Sergas actualizou o documento do plan de vacinación a día 18/01/21 para contemplar que as nais que aleitan poden recibir a vacina:

Vacina Covid-19 e profesionais da sanidade

No relativo ao persoal sanitario, aproveitamos para animar a todas as matronas a vacinarse fronte ao coronavirus. Para resolver dúbidas sobre a campaña de vacinación pódese consultar o Plan Galego de Vacinación contra o SARS-CoV-2, así como a información que aporta o Ministerio de Sanidade sobre as vacinas empregadas.

A nosa compañeira Beni xa está vacinada!

Matronas galegas reciben a vacina fronte ao Covid-19 AGAM

Ligazóns de interese

– Comunicado IHAN 13/01/21: https://www.ihan.es/comunicado-ihan-vacunacion-frente-a-covid-19-y-lactancia-materna

– Posición FAME 13/01/21: https://www.federacion-matronas.org/2021/01/13/covid-19-embarazadas-vacuna

– Recopilación de información polo Comité Asesor de Vacinas da AEPed: https://vacunasaep.org/profesionales/noticias/vacunacion-de-la-covid-en-el-embarazo-y-lactancia

– Comunicado da Asociación Española de Bancos de Leite Materna: https://www.aeblh.org/noticias/96-vacunas-frente-al-covid-compatibles-durante-el-amamantamiento-y-la-donacion-de-leche

– Posicionamento AELAMA: http://aelama.org/wp-content/uploads/2021/01/PosicionamientoVacunacionSARSCoV2.pdf

– Guía Técnica COMIRNATY (Vacuna COVID-19 ARNm, Pfizer-BioNTech): https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/prevPromocion/vacunaciones/covid19/docs/Guia_Tecnica_COMIRNATY.pdf

– Plan Galego de Vacinación fronte ao SARS-CoV-2: https://www.sergas.es/Saude-publica/Documents/6656/PLAN%20GALEGO%20DE%20VACINACI%C3%93N%20COVID.pdf