En cumprimento da normativa aplicable á contratación electrónica e á protección de persoas consumidoras (Lei 34/2002 de LSSI-CE e Real Decreto Lexislativo 1/2007 TRLGDCU), facilítanse os datos identificativos da entidade responsable das actividades formativas:
Denominación social: Asociación Galega de Matronas (AGAM)
NIF: G70203096
Domicilio social: R/Ricardo Bescansa 1, 3C, Santiago de Compostela (A Coruña)
Correo electrónico de contacto: asociacion@matronasgalegas.org
Páxina web: www.matronasgalegas.org
A AGAM é a entidade organizadora e responsable da xestión e venda das actividades formativas ofertadas a través da súa tenda online.
Os presentes Termos e Condicións rexen a información, inscrición, reserva e pagamento das actividades formativas organizadas pola AGAM.
A AGAM oferta exclusivamente dúas modalidades de formación (non mixtas):
A formalización da inscrición e compra implica a aceptación plena e sen reservas destes Termos e Condicións Xerais.
4. PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN E PAGO
De conformidade co Real Decreto Lexislativo 1/2007 (TRLGDCU), a persoa compradora ten dereito a desistir do contrato nun prazo de 14 días naturais desde a data de contratación, sen necesidade de xustificación, coas seguintes excepcións legais aplicables ao tipo de formación:
Unha vez extinguido o dereito legal de desistencia (ou transcorrido o seu prazo de 14 días), a AGAM aplica un protocolo especial de devolución parcial por baixas xustificadas de última hora, de aplicación exclusiva para socias da AGAM:
a) Xestión por Lista de Espera:
Se existe lista de espera para a formación, a AGAM contactará coa seguinte persoa interesada. O arranxo económico realizarase directamente entre as partes e a AGAM procederá ao cambio de titularidade da praza sen custe adicional.
b) Devolución Parcial do 75% en Bono Canxeable:
Se non hai lista de espera ou quedan prazas dispoñibles, cando unha socia cause baixa por motivo xustificado e o notifique por escrito antes do inicio da formación, emitirase un BONO CANXEABLE DO 75% do importe aboado. Este bono será válido durante un prazo de dous (2) anos para calquera outra formación organizada pola AGAM.
c) Causas Xustificadas Aceptadas: para acollerse a este bono, a socia deberá achegar documentación oficial xustificativa correspondente:
• Motivos laborais: Chamamentos urxentes ou novos contratos para persoal eventual, convocatorias obrigatorias de emprego/exames oficiais ou mobilidade xeográfica non planificada.
• Motivos médicos: Certificado de baixa médica, incapacidade temporal ou illamento sanitario oficial.
• Emerxencias familiares e forza maior: Ingresos hospitalarios de familiares de 1º ou 2º grao ou imprevistos graves de forza maior.
d) Casos Excepcionais:
As solicitudes que non se axusten estritamente a estes supostos serán valoradas pola Xunta Directiva da AGAM, cuxa decisión será definitiva e inapelable.
Se a AGAM ten que cancelar ou suspender unha actividade formativa por causas organizativas (como non acadar o número mínimo de participantes inscritos), reembolsarase o 100% do importe aboado por cada participante pola mesma vía de pagamento utilizada.
Os datos facilitados durante o proceso de inscrición e compra serán tratados pola AGAM conforme ao Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD) e á Lei Orgánica 3/2018 (LOPDGDD) para a xestión da inscrición, cobro, desenvolvemento da formación e emisión dos correspondentes certificados. Pode consultar a Política de Privacidade completa no sitio web oficial da asociación.
Estes Termos e Condicións rexeranse e interpretaranse de acordo coa lexislación española e a normativa autonómica galega aplicable. Para calquera controversia que puidera xurdir, as partes sométense aos xulgados e tribunais correspondentes segundo a normativa de consumo vixente.