
01 Ago SMLM2024 – Pechando a fenda: apoio á lactancia en todas as situacións
Do 1 ao 7 de agosto, as matronas galegas unímonos á celebración da Semana Mundial da Lactancia Materna, organizada pola Alianza Mundial para a Lactancia Materna (WABA).
Esta campaña mundial céntrase este ano en “Pechar a fenda: Apoio á lactancia materna en todas as situacións“, co obxectivo de reducir as desigualdades no apoio á lactancia materna, especialmente entre os grupos máis vulnerables.
Obxectivos da campaña
A campaña deste ano destaca a importancia de:
- Informar sobre as desigualdades existentes no apoio á lactancia materna e a súa prevalencia.
- Impulsar accións para reducir as desigualdades no apoio á lactancia materna, centrándose nos grupos máis vulnerables.
- Involucrar a líderes, persoas e organizacións para mellorar a colaboración e o apoio á lactancia materna.
- Consolidar a lactancia materna como un factor igualitario para pechar as fendas na sociedade.
Vivimos nun mundo onde moitas mulleres elixen amamantar, pero poucas poden facelo durante todo o tempo que desexan. Esta desigualdade está impulsada por factores estruturais, organizativos e comunitarios que afectan as opcións de alimentación infantil. Desde a Asociación Galega de Matronas, queremos unirnos a esta causa e fomentar que todas as persoas contribúan á promoción da lactancia materna.
Como participar
Animamos a todas as persoas a difundir esta campaña e a utilizar os seguintes hashtags nas súas publicacións en redes sociais:
- #WBW2024
- #smlm2024
- #WABA
- #ClosingTheGap
- #BreastfeedingSupportForAll
- #WorldBreastfeedingWeek2024
- #WarmChain
- #Breastfeeding
- #SDGs
- #BuildingBackBetter
Podes descargar o cartel da campaña deste ano aquí así como o documento resumo da campaña en español aquí.
Axúdanos a pechar a fenda e a garantir que todas as nais teñan o apoio necesario para amamantar aos seus fillos e fillas durante o tempo que desexen. Mulleres e matronas, unha vida xuntas!