
09 Set O Sergas inclúe a vacina contra o VPH para nenos no calendario de vacinación
O vindeiro 15 de setembro iniciarase o novo Calendario de Vacinación ao longo de toda a vida en Galicia, que incorpora a vacina contra o virus do papiloma para nenos de 12 anos.
Incluir a vacina contra o VPH para nenos no calendario de vacinación é unha das medidas que a comunidade científica viven de solicitar desde hai tempo para poder afrontar mellor a loita contra as infeccións por VPH na nosa sociedade. Desde a AGAM apludimos esta nova, e agardamos que pronto toda a poboación se beneficie desta medida de saúde pública.
Que é o VPH?
O VPH é o virus de transmisión sexual máis común a nivel mundial. As siglas VPH fan referencia a “virus do papiloma humano”. Trátase dun virus moi común, 8 de cada 10 homes e mulleres contraerano nalgún momento da súa vida.
Moita xente nunca oíu falar diso, pero os VPH conforman un grupo de virus moi grande: existen uns 200 tipos diferentes de VPH. Algúns tipos de VPH contáxianse mediante contacto sexual e infectan as células cutáneas da área xenital, así como as da boca e a garganta. A maioría son benignos, pero algúns VPH causan verrugas e outros poden provocar cancro, afectando tanto a homes como a mulleres. Entre estes cancros inclúense os de colo uterino, pene, ano, vaxina, vulva e garganta. As taxas de incidencia están a aumentar máis rapidamente nos homes.
Prevención e tratamento do VPH
A presenza doutras enfermidades de transmisión sexual beneficia a capacidade lesiva e dificulta a reparación do tecido. Máis o 90 % das infeccións é eficazmente resolta pola paciente no transcurso de 2 anos. Existen certos factores que axudan ao desenvolvemento deste tipo de virus. Aquí algúns deles:
- Inicio precoz nas relacións sexuais
- Actividade sexual sen precaucións
- Tabaquismo
- Inmunodepresión
Existen certas vías para a detección do VPH e mesmo para a súa previa precaución, como pode ser a vacinación que prevén da infección inicial. Outro caso sería cando a persoa xa está infectada, podendo realizar estudos que buscan detectar lesións precancerosas relacionadas co VPH e eliminalas antes de que progresen ata converterse en cancro. Por exemplo, o test de Papanicolaou
Máis información neste artigo publicado con motivo do día mundial de concienciación fronte ao VPH no ano 2021.
O papel das matronas na prevención das infeccións por VPH
É imprescindible o papel da matrona nos programas de detección do cancro de cérvix e prevención do VPH, así como na educación sobre hábitos sexuais responsables e saudables, tal e como se recolle na carteira de servizos das matronas aprobada en 2022. As matronas velamos pola saúde sexual e reprodutiva das mulleres ao longo de toda a súa vida. Se tes dúbidas sobre o VPH ou outros asuntos vencellados, fala coa túa matrona!
Instruccións para persoal sanitario
O sergas pon a disposición de centros de saúde, hospitais públicos, hospitais e centros médicos privados entre outros, un documento con instruccións sobre o actual calendario de vacinación. Pódese acceder a este documento aquí.