O SERGAS oferta 46 prazas de matrona mediante concurso-oposición

O prazo de presentación de solicitudes é desde o día 9 de xaneiro de 2023 ata o día 9 de febreiro de 2023 (ambos incluidos).

Como novidade, a nota de corte do exercicio da parte específica redúcese con respecto a convocatorias precedentes, e pasa do 50 % ao 35 %, manténdose as porcentaxes do 60 % e 40 % da fase de oposición e concurso, respectivamente, como en anteriores procesos.

Lembramos información importante para as compañeiras xestantes: o Servizo Galego de Saúde desprazará a un centro hospitalario radicado na Comunidade Autónoma de Galicia unha delegación do tribunal que permita a execución material da proba a aquelas opositoras xestantes que tivesen posto en coñecemento do órgano convocante, cunha antelación mínima de 72 horas á data de realización do exame a situación de embarazo e a súa vontade de realizar a proba no centro sanitario para o suposto de estar ingresadas na data da súa realización e se tivese recibido na Dirección Xeral de Recursos Humanos comunicación e xustificación do seu ingreso en centro hospitalario por tal motivo con anterioridade á realización dos exercicios.

Toda a información no DOG núm. 3  publicado hoxe.