A AGAM móstrase satisfeita tras a reunión mantida o pasado luns 30 de xaneiro na Consellería de Sanidade 2023 matronas galegas

Reunión da AGAM coa Consellería de Sanidade

A AGAM móstrase satisfeita tras a reunión mantida o pasado luns 30 de xaneiro na Consellería de Sanidade, durante a que solicitaron melloras na organización do colectivo de matronas de Galicia.

As matronas Amalia Isabel Loureiro, Diana Luque e David González, en representación da AGAM, reuníronse co Director Xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal Viñas, coa Directora Xeral de Recursos Humanos, Ana María Comesaña Álvarez, e coa directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, Sofía López Linares.

O primeiro tema que se tratou foi a solicitude de mellora da distribución de recursos e o aumento de prazas na OPE. Con esta iniciativa, conseguiríanse adaptar as cotas ás necesidades reais de cada zona (as matronas atendemos a moitas máis mulleres das que se nos recoñece históricamente, por exemplo tendo en conta as de máis de 65 anos que non se contabilizan habitualmente á hora de elaborar as ratios de cada área). Por outra banda, aumentar o número de prazas de matronas tamén serviría para evitar a fuga de matronas a outras comunidades.

Nesta xuntanza, tamén deixamos constancia da necesidade apremiante de crear a figura da matrona coordinadora de área que poida organizar o servizo e actúe como interlocutora do noso colectivo e das usuarias ante as diferentes xerencias. Desde a Consellería manifestan a súa conformidade ao respecto e nos instan a realizar as solicitudes nas xerencias correspondentes.

Desde a Consellería de Sanidade indicáronnos que se van a valorar todas as suxerencias achegadas. Desde a AGAM continuaremos colaborando coa Consellería para conseguir que todas as usuarias galegas teñan acceso equitativo á súa matrona de atención primaria e conten cunha atención sanitaria de calidade.