01 Xul Reunión das matronas galegas co Partido Socialista de Galicia
Noelia Amor, presidenta da AGAM, e David González, tesoureiro, participaron este xoves 30 de xuño nunha reunión coa directiva do PSdeG para abordar importantes problemáticas da saúde das mulleres e das precarias condicións laborais do colectivo de matronas en Galicia.
Desde a AGAM estamos moi agradecidas a Silvia Fraga, secretaria de Igualdade do PSdeG, por propoñer esta necesaria reunión, así como pola atención recibida polo seus compañeiros Julio Torrado, voceiro de Sanidade, e Jose Ramón García López, secretario de Sanidade do PSdeG.
Queda moito polo que loitar para mellorar o traballo das matronas na nosa comunidade. Xuntas somos mais fortes, ainda non es socia? Faite socia aquí.