31 Xan Novas recomendacións para embarazadas con infección por SARS-COVID 19
Desde a Federación de Asociaciones de Matronas de España achégannos esta actualización en relación a mulleres embarazadas con infección por SARS-COVID19.
No novo escenario da infección por SARS-CoV-2, en base ao comportamiento da variante Omicrón responsable da maioría de infeccións en mulleres embarazadas, a SETH (Sociedad Española de Hemostasia y trombosis) ven de actualizar as recomendacións para a abordaxe das xestantes con infección confirmada con data 24/01/2022.
A continuación resumimos as novas indicacións baseadas neste documento.
Infección COVID-19 durante o embarazo
- As xestantes asintomáticas ou pauci sintomática non precisan tratamento preventivo con HBPM.
- Precisarán tratamento con HBPM a dose profiláctica axustada ao peso, e durante 2 semanas tralo inicio de síntomas, aquelas gestantes:
• con enfermidade grave e ingreso hospitalario
• con algún dos seguintes factores de risco:- Non vacinadas
- Terceiro trimestre de embarazo
- Idade > 35 años
- Obesidade
- Encamadas en domicilio
- Comorbilidade: HTA, diabetes pre-xestacional, enfermidade cardiopulmonar, enfermidade renal, inmunosupresión (trasplante, infección VIH, tratamento prolongado con corticoides…)
Infección COVID-19 durante o puerperio
Cando a infección se produce no puerperio, as recomendaciones son HBPM dose profiláctica axustada ao peso polo menos 2 semanas e prolongar en base á gravidade da evolución da infección e/ou factores de risco trombótico.
Administración de heparina pola embarazada
Recuperamos este video das compañeiras da Associació Catalana de Llevadores, no que se explica a embarazadas e puérperas como pincharse a heparina de forma sencilla e segura:
INFORMACIÓN PARA PROFESIONAIS SANITARIOS
Documentación complementaria: