
11 Nov Publicadas as puntuacións provisionais da última OPE
As matronas que concursaron xa poden consultar as puntuacións provisionais da última OPE.
A Xunta de Galicia compartía onte a nova de que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este mércores a puntuación provisional da fase de concurso obtida polas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición na última oferta pública de emprego da categoría de enfermeiro/a especialista.
As listas coas puntuacións provisionais atópanse publicadas a disposición das interesadas na Extranet do Sergas.