resolucion oposición sergas matrona 2021

Publicada a resolución das oposicións para matronas en Galicia

A semana pasada publicouse a resolución do 16 de febreiro de 2021, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso da categoría de enfermeira/o especialista en enfermaría obstétrico-xinecolóxica.

Convocado pola Resolución do 3 de maio de 2019, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación das/vos aspirantes seleccionadas/vos.

Cada aspirante poderá consultar, ademais, o detalle da puntuación obtida nos distintas epígrafes do baremo, no seu expediente electrónico persoal en Fides/ expedient-e/sección de procesos.

As/os aspirantes seleccionadas/os que se relacionan no anexo desta resolución disporán dun prazo dun mes contado desde o día seguinte á súa publicación (24 de marzo) para a presentación de documentación:

  • a) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.
    No caso dos/das nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.
  • b) Certificado médico oficial en que se acredite a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias da categoría.
  • c) Por exixencia do artigo 13 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, segundo a redacción efectuada pola Lei 26/2015, do 28 de xullo, certificación do Rexistro Central de delincuentes sexuais dependente do Ministerio de Xustiza de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, no seu defecto, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.
    Esta autorización deberá prestarse no modelo que ao efecto consta na páxina web do Servizo Galego de Saúde, no punto relativo a emprego público (www.sergas.es/empregopúblico).
  • d) Declaración xurada ou promesa de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma categoría á que opta.
  • e) Os/as aspirantes seleccionados/as que accederon pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar neste prazo, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola que se lle recoñeceu a discapacidade, e que foi achegada dentro do prazo de presentación de solicitudes.

A documentación requirida nesta resolución deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e deberá dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, edificioaAdministrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

De conformidade coa base 9.2 da Resolución do 3 de maio de 2019, os/as que dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos para participar no proceso selectivo, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

Consulta aquí o DOGA coa resolución 
Accede aquí aos modelos de declaración responsable