Presentación da tese sobre depresión perinatal da matrona Mª Belén Vázquez

O acto de defensa e mantemento de tese doutoral realizarase mañá en modalidade semipresencial.

Presentación da tese

Desde a Asociación Galega de Matronas desexámoslle moita sorte á nosa compañeira María Belén Vázquez Gómez, defenderá a tese “Depresión en el embarazo y postparto: prevalencia y factores asociados” mañá venres 23 de outubro ás 11:30 horas na Facultade de Psicoloxía da USC.

2º Premio na categoría de investigación

Por outro lado, onte falláronse os Premios á Introducción da perspectiva de Xénero na docencia e na investigación, galardóns que se desenvolven no marco do convenio de colaboración en materia de igualdade de xénero do Concello de Santiago de Compostela coa USC. María Belén Vázquez recolleu xunto a María del Carmen Míguez Varela o 2º premio na categoría de investigación por ‘Saúde mental e xénero: avaliación da depresión e ansiedade específica do embarazo’, no que se aborda como de todos os trastornos, a depresión postparto é o máis coñecido e o que tradicionalmente recibiu maior atención. Con todo, hoxe é sabido que a depresión no embarazo é tan ou mesmo máis frecuente que a depresión postparto pero máis a miúdo é infradiagnosticada  e, polo tanto, non tratada. Ademais, a presenza de depresión durante o embarazo é un dos principais factores de risco da depresión postparto. Noraboa polo merecido recoñecemento!