O Congreso FAME 2021 celébrase en outubro en Logroño

A Federación de Asociacións de Matronas de España celebra o seu congreso anual – Congreso FAME 2021 – a comezos do vindeiro mes de outubro.

La Rioja, punto de encontro nesta edición

Logroño é o destino marcado para a celebración deste encontro. As matronas rioxanas elixiron o lema “matrona e muller: ciencia e compromiso” coa intención de que este congreso consiga que as profesionais que asistan amplíen a súa sabedoría, falando neste senso non só de coñecemento, se non tamén de ciencia e de compromiso.

Neste XIX Congreso FAME – I Congreso AMALAR poranse en común decenas de temas relacionados co traballo actual e, sobre todo, mirando ao futuro con novos proxectos liderados por matronas.

Congreso FAME 2021: programa científico

As comunicacións orais previstas serán encontros con profesionais do mundo da maternidade, natalidade, obstetricia ou a vida sexual das mulleres. Nelas, abordaranse temas como mitos sobre violencia de xénero segundo sexo e idade, incidencia do trauma perineal en mulleres con inmersión na auga durante o proceso de parto, fronte a mulleres no proceso de parto de maneira convencional, etc.
Serán reunións dunha hora de duración e comezarán a primeira tarde do congreso.

Pola súa parte, os talleres desenvolveranse durante a mañá do primeiro día do congreso, o venres 7 de outubro. Neles tocaranse temáticas moi diversas: desde o manexo da incontinencia urinaria ata o parto en auga, a atención psicolóxica IVE ou ferramentas para a matrona no consello de vacinación da muller en idade fértil e do recentemente nado. Ainda estades a tempo de inscribirvos! Podedes apuntarvos a través da páxina web do congreso, desde a vosa área persoal “O meu CONGRESO”.

Congreso FAME 2021 AMALAR La Rioja matronas_talleresConsulta o programa completo aquí.

Inscríbete agora!

Desde a AGAM animámosvos a asistir a esta cita que moitas profesionais agardamos anualmente con moita ilusión. Trátase dunha estupenda oportunidade para voltar a vernos en persoa. E por suposto, de participar nestre magnífico encontro de grandes profesionais da saúde reprodutiva e o coidado e tratamento da maternidade e o embarazo.

O proceso de inscrición é moi sinxelo e realízase desde a web do congreso www.matronaslarioja2020.com