12 Dec Campaña Matronas Xa! Máis matronas para Galicia
As matronas galegas pedimos Matronas xa! para celebrar celebramos o Día da Cobertura Universal da Saúde.
Matronas Xa!
Segundo as Nacións Unidas, todo o mundo ten que dispor dunha atención sanitaria asequible e de calidade. O colectivo Pediatras e Matronas Xa propón este 12 de decembro visibilizar a figura da matrona como profesional de referencia para coidar da saúde sexual e reprodutiva da muller e a atención ó recén nado. As matronas galegas unímonos a esta iniciativa pedindo máis matronas para as familias galegas.
Máis matronas para Galicia
As matronas coidamos da saúde sexual e reprodutiva das mulleres ao longo de toda a súa vida.
Podes atoparnos nos centros de saúde e no hospital, en consultas externas, no paritorio, nas urxencias e na planta de maternidade.
Somos profesionais únicas ofrecendo servizos esenciais para mamás e bebés. Pero o noso traballo implica moito máis que o seguemento do embarazo. Tamén facemos asesoramento sobre preadolescencia, citoloxías, anticoncepción, educación maternal pre e post natal, asesoramento de lactancia, acompañamos partos de alto e baixo risco, menopausa, chan pelviano…
O mellor de ser matrona é apoiar, informar, favorecer o empoderamento das mulleres e acompañar ás familias.
O ratio de matronas por muller en Galicia é o máis baixo de España. A evidencia científica avala que o noso traballo é beneficioso para a saúde das mulleres e das súas familias, e polo tanto, de toda a Comunidade. Investir en matronas é investir en saúde. Saúde das mulleres, saúde dos homes, e saúde dos nenos e das nenas. É investir nun sistema que xenere unha mellor atención e unha maior satisfacción das usuarias.
Por iso desde a Asociación Galega de Matronas unímonos a esta campaña para pedir máis matronas para Galicia.
Matronas XA!