As matronas galegas nas Xornadas de Saúde Perinatal e Reproductiva en Santiago

Un ano máis a AGAM estivo nas XIV Xornadas de Saúde Perinatal e Reproductiva, que tiveron lugar en Santiago de Compostela os días 22 e 23 de novembro.

Cabe salientar a participación de varias matronas galegas nas Xornadas de Saúde Perinatal e Reproductiva como ponentes durante a primeira xornada o luns 23, así coma tamén coa presenza das matronas Mª Dolores Martínez e Beni Martínez como moderadoras:
  • Esther M. Bécares Ibclc, socia da AGAM, co relatorio: “Educación maternal perinatal: desde a psicoprofilaxe obstétrica, cara unha reparación consciente para o parto, maternidade e paternidade”.Esther M Becares matronas galegas ponente xornada saude sexual e reprodutiva santiago de compostela 2021
  • Natalia Pérez, vocal da AGAM, co relatorio “Saúde da muller durante o climaterio e a menopausa”.Natalia Pérez matronas galegas ponente xornada saude sexual e reprodutiva santiago de compostela 2021

A segunda tarde desta interesante formación desenvolveuse o martes 23 de novembro.  Podemos destacar o relatorio da fisioterapeuta Patricia Chamorro, “Abordaxe fisioterapéutica da dor pelviana crónica a nivel de atención primaria”, no que suliñou a importancia do traballo en equipo xunto coa matrona.

AGAM_matronasgalegas_xornadasaudesexual_2021_04

Pola súa parte, dentro da sesión de Boas Prácticas no SNS-2019-Estratexia de Saúde Sexual e Reprodutiva, destacamos:
  • A presentación da APP Risco Cero, un proxecto promovido e avaldo polo Colexio de Médicos de A Coruña mediante o que se facilita á poboación unha ferramenta para coñecer os diferentes métodos anticonceptivos.AGAM_matronasgalegas_xornadasaudesexual_2021_05
  • O “Proceso asistencial integrado de seguimento da saúde xinecolóxica en mulleres sans e asintomáticas”, que salienta o importante papel das matronas na atención primaria.

Agradecemento especial

Non podemos olvidar agradecer á nosa compañeira, a matrona Mª Dolores Martínez, a súa implicación e bó facer na programación desta importante actividade formativa para os profesionais da saúde materno-infantil en Galicia.  Grazas Loli!