25 Nov 25N: as matronas galegas en negro contra as violencias
As matronas galegas unímonos como cada 25 de novembro á celebración do día internacional para a eliminación das violencias contra as mulleres.
- As matronas estamos nunha posición privilexiada para detectar situacións de violencia de xénero ou risco dela.
- Ao ser a profesional de referencia para a muller na súa saúde sexual e reprodutiva, desde a adolescencia ata o climaterio, realizamos un seguimento ao longo do seu ciclo vital e establecemos unha estreita relación asistencial.
Matronas e mulleres, unha vida xuntas!
Se tés dúbidas ou queres consultar calquera cousa sobre a túa saúde sexual e reprodutiva, pide cita coa túa matrona de atención primaria.