Manifesto pola Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

As matronas galegas unímonos xunto á Federación de Asociacións de Matronas de España no compromiso de toda a sociedade para eliminar a violencia contra as mulleres a través do seguinte manifesto.

Un problema de saúde global

A violencia de xénero é a máis grave expresión de desigualdade entre mulleres e homes. E isto non é un problema noso, non é un problema de mulleres. É un problema de saúde global, de proporcións epidémicas, que sofre e padece o 17,5% da poboación mundial.

Violencia Contra as Mulleres no contexto da pandemia

É agora, nesta crise universal, cando parece máis apropiado que nunca facer esta reflexión. Agora que o planeta enteiro é sacudido polo Sars Cov2 e falar de pandemia mundial está ao alcance de todos, segue sendo o momento de gritar a este mundo convulso, que as mulleres xa viviamos nunha crise económica e sanitaria, que as mulleres xa iamos á UCI pola violencia de xénero, que as mulleres xa sufriamos unha discriminación laboral e económica. Agora tamén engadimos o confinamento e o teletraballo, que non teñen, precisamente un impacto neutro desde a perspectiva de xénero.

Segundo a ONU: “O coronavirus golpea tres veces ás mulleres. Por saúde, por violencia doméstica e polo coidado de outros”. Aínda no ano 2020, as mulleres temos que seguir loitando pola igualdade real na repartición de deberes e responsabilidades, que nos supón o maior obstáculo para lograr a igualdade de oportunidades. Aínda no ano 2020, as mulleres seguimos sufrindo a desigualdade no acceso ao mercado laboral, nos salarios, no disfrute do tempo propio e da seguridade persoal, na construción da nosa perspectiva académica… E aínda no ano 2020, seguimos loitando contra o Espellismo da Igualdade.

25N - Eliminación da Violencia Contra as Mulleres