19 Dec Continúa a loita polo sistema retributivo para as matronas galegas.
Continúa a loita polo sistema retributivo para as matronas de Atención Primaria en Galicia.
Loita polo sistema retributrivo
Desde a AGAM estamos en contacto cos sindicatos galegos para que se negocie o sistema retributivo que nos corresponde ás matronas, así coma outros temas laboráis co SERGAS.
Escrito da CIG
O sindicato CIG presentou esta semana este escrito polo que están a traballar para tentar conseguir unha responsta favorable por parte da administración nesta loita polo sistema retributivo:
As retribucións das enfermeiras especialistas en obstetricia e xinecoloxía (Matronas) de Atención Primaria do SERGAS están en función do mapa sanitario publicado no ano 1989. A pesares do que a prestación sanitaria ten mudado nestes anos.
No ano 1993 publicase o Decreto, do 29 de xullo, de Ordenación da Atención primaria en Galiza. Dito decreto regula as retribucións de todo o persoal de Atención Primaria, deixando as Matronas, pola especialidade do seu traballo, a desenvolver nunha norma específica.
E, así o recolle, o devandito Decreto na disposición transitoria cuarta:
“O consello da Xunta de Galiza regulará o réxime xurídico e retributivo das prazas de enfermeira obstétrico-xinecolóxicas.”
Transcorrido 27 anos desde a publicación deste decreto a Consellaría de Sanidade no tivo tempo de presentar ningunha proposta de réxime xurídico e retributivo deste colectivo.
Que conleva esta situación?
-
- A prestación de servizo en diferentes concellos con importante distancia entre si.
- Non ter un ratio de persoas a atender por Matrona
- Un sistema retributivo inxusto, que non recoñece a carteira de servizo actual que realizan, e dicir as prestacións sanitarias que prestan.
- Un sistema retributivo baseado nun mapa sanitario que non recolle a poboación actual dos concellos.
- Un sistema retributivo que condena ás matronas as perdas retributivas de mais de 100€ mensuais cando cambian de concello, aínda que teñan mais tarxetas sanitarias.
- Un sistema retributivo que non recoñece os conceptos que se pagan a outros colectivos: número de tarxetas sanitarias, dispersión, illamento…
Polo que, desde CIG-SAÚDE esiximos a inmediata negociación do réxime xurídico e do sistema retributivo de Matronas de Atención Primaria.
A negociación deste sistema retributivo será obxecto de tratamento na vindeira reunión da mesa sectorial do SERGAS.