A AGAM na televisión de Galicia 2022 a porta aberta matronas galegas TVG

A labor asociativa da AGAM foi protagonista na Televisión de Galicia

As matronas galegas foron esta semana as protagonistas do programa A Porta Aberta na Televisión de Galicia.

O programa A Porta Aberta busca dar a coñecer o movemento asociativo galego. Baixo o título “A vida nas súas mans”, as voces de Noelia Amor, presidenta da AGAM, xunto coas compañeiras María Coego, Yaiza Carrera e Daniela González, reivindican un mellor coñecemento das tarefas cotiás das matronas, que van máis alá das funcións no parto e que teñen un valor fundamental para a vida das mulleres e do conxunto das familias.

Este programa adicado ás matronas galegas emitouse o pasado mércores 30 de novembro na TVG2 e pódese visualizar na seguinte ligazón: https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/asociaci-n-galega-de-matronas-5900139

A AGAM na televisión de Galicia programa A Porta Aberta 2022

Aproveitamos para agradecer a colaboración das compañeiras que participaron o pasado verán na gravación, por contribuir á promoción e defensa da nosa profesión ante a sociedade galega, así como dar a coñecer a labor asociativa da AGAM.

 

Xuntas somos máis fortes! 

As matronas unidas contamos máis!

Faite socia!