XV Jornada Científica Regional ASCALEMA (online)

A Asociación Castellano Leonesa de Matronas celebra no mes de decembro e con formato virtual a XV Jornada Científica Regional ASCALEMA.

Programa da XV Jornada Científica Regional ASCALEMA

A actividade desenvolverase entre as 09:00 e as 14:00 horas do venres 18 de decembro.

Contémplanse no programa a realización de dúas mesas redondas, a primeira titulada “El futuro de nuestra profesión” e a segunda dará paso á exposición das comunicacións “Contacto piel con piel e inicio y éxito de la lactancia materna exclusiva” e “Cuidados a la gestante con amenaza de parto pretérmino.” Despois do descanso, están previstos os talleres “Las matronas en el manejo de los problemas de lactancia por anquiloglosia”, “Taller teórico-práctico de protección del periné. Maniobra Finesa” e “¿Sabrías como asistir un parto domiciliario?: Taller de atención al parto extrahospitalario”.

Prezo e inscricións

O custe da inscrición é de 50 €. As socias da AGAM benefícianse do custe reducido de 20 € por pertencer á FAME.

O periodo de inscricións comeza o día 30 de novembro. Podedes consultar toda a información aquí.

XV Jornada Científica regional ASCALEMA 2020