21 Abr #IDM2022, Día Internacional da Matrona 2022: 100 anos de progreso!
O vindeiro 5 de maio, as matronas galegas celebramos xunto á Federación de Asociacións de Matronas de España (FAME) o centenario da International Confederation of Midwives (ICM) no Día Internacional da Matrona – #IDM2022
Lema do Día Internacional da Matrona 2022: 100 anos de progreso!
Evento en liña dirixido a matronas e mulleres
É importante aproveitar o día das matronas para amplificar o noso traballo a favor da vida e as causas que defendemos. Pero tamén resulta esencial reservar un tempo para celebralo con compañeiras, mulleres e toda a profesión. Por iso, desde a ICM celebrarase o xoves 5 de maio un evento en liña como homenaxe global ás matronas.
Neste evento, presentaranse os resultados da enquisa A voz das matronas, as demandas das matronas. Dentro da campaña «What Women Want» (Que queren as mulleres), a White Ribbon Alliance (WRA), en colaboración coa ICM, encuestou a máis de 50.000 matronas para coñecer mellor as súas experiencias e as das mulleres, recentemente nados e familias ás que coidan. A enquisa realizouse en 2021 e principios deste ano, e os resultados publicaranse o #IDM2022. Estes resultados serán unha potente ferramenta que, como comunidade, utilizaremos para impulsar a axenda de promoción e defensa global da Campaña PUSH, así como noutras iniciativas de defensa e promoción actuais e futuras.
Directos de Instagram para promocionar a profesión da matrona
Durante a primeira semana de maio, a nosa organización celebrará o Día Internacional da Matrona (#IDM2022) coa celebración dunha serie de directos en Instagram en colaboración con varias asociacións galegas, nos que matronas e mulleres falarán sobre a situación actual da atención á saúde sexual e reprodutiva na nosa comunidade, as deficiencias e valías dos servizos de matronas así como realizar un repaso ás competencias propias da nosa profesión, xa que moitas son unhas grandes descoñecidas para a cidadanía.
Xornada de confraternización e autocoidado
Por último, o día 7 de maio, as matronas galegas realizarán un encontro no Balneario de Laias, á que convidamos a todas as compañeiras a asistir.
Delicada situación das matronas en Galicia
Desde a AGAM aproveitamos o día da nosa profesión para alertar á sociedade sobre a crise na atención á saúde sexual e reprodutiva que estamos a presenciar. Multitude de organismos e entidades a nivel internacional levan anos insisitindo na necesidade de investir en matronas.
- As investigacións realizadas en 2021 demostran que investir en matronas de aquí a 2035 evitaría aproximadamente dous terzos das mortes maternas, neonatais e mortinatos, salvando 4,3 millóns de vidas ao ano.
- Investir en matronas implica unha optimización dos recursos económicos e humanos do sistema de saúde público, polo que as inversións das que estamos a falar non implican un aumento de orzamentos, se non que precisan básicamente dun cambio de actitude dos postos de liderazgo para repensar os servizos e a xestión dos mesmos.
- Por outra banda, os resultados recentemente publicados dunha enquisa a máis de 50.000 matronas demostran que o desgaste, un salario inadecuado e unhas deficientes condicións laborais afectan gravemente a moitas profesionais matronas. Na nosa comunidade levamos máis de 30 anos pendentes da regulación do réxime xurídico e do sistema retributivo das matronas galegas e contamos cunha taxa de reposición profesional alarmante. Por outro lado, Galicia precisa un mellor ratio de matronas, sendo o ideal unha matrona por muller en partos e unha matrona por cada 5.000 mulleres en atención primaria, e desde logo, precísase a presencia de matronas na planta de puerperio ou nos COF, de forma que na mellora da atención sanitaria aportando profesionais especializadas tamén se extenda á saúde sexual e reprodutiva.
Por iso, este 5 de maio pedimos o apoio de toda a sociedade para difundir e promocionar a profesión de matrona, unha labor ancestral de vital importancia para toda a nosa sociedade.






