14 Feb A AGAM trae a Galicia o recoñecido curso iCareCTG: Monitorización fetal basada en fisiopatoloxía
A Asociación Galega de Matronas trae a Galicia a recoñecida formación de prestixio internacional iCareCTG – Masterclass: Monitorización Fetal basada en Fisiopatoloxía.
Vigo acolle o vindeiro 25 de marzo de 2023 esta actividade formativa, que está organizada pola AGAM, iCareCTG e o Hospital Álvaro Cunqueiro.
Trátase dun curso 100% presencial de 8 horas de duración impartido por Anna Gràcia, dirixido a obstetras, matronas e residentes.
Prezo especial para socias da AGAM
As matronas galegas asociadas á AGAM poderán beneficiarse dun prezo especial á hora de inscribirse nesta formación:
- prezo para socias: 140 €
- prezo para residentes: 155 €
- prezo xeral: 180 €
Se todavía non es socia, anímate a unirte á nosa asociación e disfruta deste desconto e moitos outros beneficios!
Máis información e reserva de prazas
O prazo para inscribirse xa está aberto. Máis información e reserva de prazas na web de iCareCTG.