Homenaxe á primeira matrona de Vilalba Concepción Braña Rey Concha de Reina Beni Martinez AGAM

Homenaxe á primeira matrona titulada de Galicia: Concha de Reina

O pasado 20 de agosto celebrouse en Vilalba unha homenaxe a Dona Concepción Braña Rey. Coñecida como Concha de Reina, filla e nai de matronas, recibiu esta honra pola súa adicación e profesionalidade na axuda a mulleres de varias xeracións de todas as clases socias en Vilalba durante máis de 40 anos.

Homenaxe Concha da Reina Vilalba-18IMG_9479

A nosa compañeira Beni Martínez García, matrona de Vilalba, asistiu en representación da AGAM e da FAME para o recoñecemento dunha matrona independiente que asistía ás mulleres nos seus domicilios e que todo o pobo recorda con moito cariño, ata o punto de que este acto foi aprobado por unanimidade de todos os partidos políticos. Participaron tamén no acto Lourdes Bermello López, presidenta do Colexio de Enfermería de Lugo, así coma Isidoro Rodríguez, presidente da Academia de Enfermería de Galicia. 

Homenaxe Concha da Reina Vilalba -31IMG_9492 Beni Martínez matrona
Nacida no ano 1900, foi unha das primeiras matronas tituladas en Españae a primeira do Concello de Vilalba. Ademáis, creou xunto con outras seis matronas e 9 practicantes o primeiro Colexio de Practicantes e Matronas de Lugo o 14 de decembro de 1925.

Concha de Reina Vilalba matrona AGAM pioneira

A súa familia perseverou durante anos ata conseguir este recoñecemento que é a primeira escultura nominal a unha matrona en Galicia, obra do canteiro José de Bernardo (Pepón) e versos da poetisa Luz Airado. Neste artigo que lle adicaron en 2019 en La Voz de Galicia atoparedes máis información sobre a súa vida.

Homenaxe Concha da Reina Vilalba-68IMG_9529

Homenaxe Concha da Reina Vilalba-77IMG_9538

Desde a AGAM énchenos de ledicia que o pobo de Vilalba tomase esta decisión de homenaxear á súa primeira matrona. Temos moito que agradecer ás pioneiras que como Concha sentaron as bases para poder desempeñar a nosa profesión a día de hoxe tal e como o facemos.

Fotografías: Fotógrafos Purriños (Vilalba).