
13 Xul Formación online de postgrado en Lactancia Materna e Bancos de Leite
O Curso Experto Universitario en Consulta y Asesoría en Lactancia Materna y Bancos de Leche Humana conta coa matrona Cristina Valiñas, unha das nosas asociadas, como docente.
Programa formativo
O curso de Experto Universitario en Consulta y Asesoría en Lactancia Materna y Bancos de Leche Humana (29 créditos ECTS) realízase durante 6 meses con clases en liña nunha aula virtual. A través dela, o alumnado dispón dos contidos de cada materia. Os webinars e as probas de avaliación, xunto co contacto co profesorado, aseguran ao finalizar o curso unha sólida preparación nos campos da lactación materna, cun coñecemento actualizado das técnicas e materiais utilizados.
Cada módulo componse de:
- Bloque de formación locutada.
- Vídeos ou talleres prácticos filmados.
- Anexo de todos os documentos relevantes.
Organizado por Aula Siena, esta interesante formación de postgrado universitario está dirixida a matronas e outros profesionais directamente relacionados coa temática do curso. Ademáis, conta coa acreditación da Universidad Camilo José Cela.
Pódese consultar o programa e máis información na propia web do curso.
Desconto para socias da AGAM
Desde Aula Siena ofrécese un desconto do 10% para as socias da Asociación Galega de matronas. Para beneficiarte deste desconto, contacta con nós! (podes facerte socia aquí).