Faladoiros día da matrona 2022 agam asociacions mulleres

Día da Matrona: Faladoiros de mulleres e matronas en Instagram

As matronas galegas celebramos o Día Internacional da Matrona 2022 organizando uns directos de Instagram para falar coas mulleres sobre a nosa profesión.

Trátase dunha serie de directos en Instagram en colaboración con varias asociacións galegas, nos que mulleres e matronas falarán sobre a situación actual da atención á saúde sexual e reprodutiva na nosa comunidade, as deficiencias e valías dos servizos de matronas así como realizar un repaso ás competencias propias da nosa profesión, xa que moitas son unhas grandes descoñecidas para a cidadanía.

Programa dos faladoiros

  • LUNS 2, 19:00 h: A matrona en Atención Primaria. David González, matrón e tesoureiro da AGAM, conversará con Sarah M. Blanquet, da Asociación Pediatras e Matronas Xa.

  • MARTES 3, 19:00 h: Visibilizando o duelo perinatal. Mercedes Rey, matrona e vogal da AGAM, conversará con Fátima González, da Asociación Bolboretas no Ceo Norte.

  • MÉRCORES 4, 19:00 h: A importancia da lactancia materna. Diana Luque, matrona e IBCLC, conversará con Beatriz Avelaira, da Asociación Arrolos de Teta.

  • XOVES 5, 19:00 h: Saúde sexual, unha cuestión de xénero. Noelia Amor, presidenta da AGAM, conversará con Vanesa Requejo, de PETRA Maternidades Feministas Galicia.

Animamos a toda a sociedade a unirse a estas conversas na rede, para coñecer un pouco mellor a profesión de matrona e todo o que temos que aportar ao sistema sanitario en relación á saúde sexual e reprodutiva das mulleres, o que repercute de forma directa nas súas familias e na sociedade no seu conxunto.

Outras actividades con motivo do día da matrona

Ademáis dos directos, desde a AGAM compartiremos ao longo da vindeira semana nas nosas redes a campaña “100 Anos de Progreso” da International Confederation of Midwifes, ademáis de rematar a celebración o día 7 de maio cunha xornada dirixida a matronas e centrada no autocoidado e a confraternización.