Reclamacion sistema retributribo matronas 2021 satse agam

Escrito para a reclamación do sistema retributivo das matronas galegas

Posta en marcha unha nova reclamación para a mellora salarial das matronas galegas.

Histórica reclamación do sistema retributivo das matronas galegas

Informámosvos de que o Sindicato de Enfermería SATSE ven de presentar a semana pasada un escrito para reclamar á Conselleria de Sanidade a inmediata negociación do réxime xurídico e do sistema retributivo das matronas galegas de atención primaria, despois de preto de 30 anos pendiente de regulación.
Desde a Asociación Galega de Matronas animamos a que todas as matronas, traballen en AP ou noutros espazos, se sumen a esta iniciativa e presenten a título individual unha reclamación para todas xuntas facer moita máis forza.

Modelo de reclamación

Podedes descargar un modelo de reclamación en formato Word nesta ligazón, para proceder a presentalo a través de rexistro A/A do Excmo. Conselleiro de Sanidade, D. Julio García Comesaña.
Desde a Asociación Galega de Matronas seguiremos a traballar para mellorar as condicións laborais para as matronas en Galicia.