13 Nov Entrevista a Jaione Camborda, directora da película “O Corno”
A AGAM entrevista a Jaione Camborda, directora da película O Corno, premiada coa Concha de Oro na 71ª edición do Festival de San Sebastián.
Esta película feita por mulleres versa sobre a vida de varias mulleres e sobre a profesión de matrona. Nela afóndase sobre as problemáticas da saúde sexual e reprodutiva das mulleres nun contexto complexo, que consegue espertar o espírito crítico sobre o pasado, o presente e o futuro das mulleres na nosa sociedade, sobre o as decisións, sobre o respeto, sobre o empoderamento e os coidados.
Desde a AGAM estamos moi agradecidas a Jaione polo seu traballo, e por roubar un chisco de tempo da súa apretada axenda para conversar coa nosa socia, a matrona Diana Luque. Aproveitamos para animar a ver a película a todas as matronas, mulleres e demáis persoas interesadas, de forma que xuntas apoiemos tanto o traballo das mulleres dentro do sector do cinema, coma que se continúen a realizar produccións culturais nas que axude a visibilizar a vida das mulleres.