05 Xuñ Entrevista en prensa a matronas galegas para falar sobre lactancia e traballo
O pasado martes 30 de maio publicábase no Faro de Vigo unha entrevista a Carla Estévez e Marta Bernárdez, matronas IBCLC e socias da AGAM, sobre lactancia materna e traballo. Desde a AGAM aproveitamos de novo para reclamar permisos maternais máis amplos, que como mínimo alcancen a cubrir os 6 meses de lactancia materna exclusiva que recomendan todos os organismos científicos tanto a nivel nacional como internacional.