dia mundial prematuro 2022 matronas galegas agam web

Dia mundial dos prematuros

As matronas galegas unímonos hoxe á celebración do día mundial dos prematuros.

Día Mundial dos Prematuros

Desde o 2009, celébrase o 17 de Novembro o Día Mundial do Neno Prematuro, co obxectivo de concienciar á poboación dos problemas que conleva un bebé prematuro asi como do impacto emocional que supón nas familias.
Considérase un bebé prematuro aquel que nace antes das 37 semanas de xestación. Segundo o INE, 20.189 nacementos foron prematuros no ano 2020, sendo desde o 2015 a principal causa de morte infantil no mundo e causa de moitas patoloxías naqueles que sobreviven.

Recomendacións para a prevención

3 de cada 4 bebés poderíanse salvar, ademáis de coa administración de medicamentos adecuados para cada situación, cunha atención sinxela e costoeficaz, consistente en mellorar os servizos sanitarios durante o embarazo, o parto e o periodo postnatal para as nais e os lactantes, aplicar a técnica de “nai canguro” (a nai sostén ao bebé espido en contacto directo pel con pel e o amamanta con frecuencia) ou contar con máis matronas, xa que segundo a OMS a atención sanitaria dirixida por matronas reduce o risco de prematuridade en torno ao 24%.

Pódense consultar máis datos na páxina web da OMS, o documento sobre como poñer fin ás mortes neonatais e prevenibles para 2030 (setembro 2020) e tamén o documento onde se recollen as  recomendacións sobre os coidados de prematuros nacidos con baixo peso (novembro 2022).

As matronas, sempre ao carón da muller e da familia

A Asociación Galega de Matronas quere sumarse a esa iniciativa e lembrar a importancia de acudir á túa matrona de referencia para recibir axuda e apoio durante embarazo e posparto, en relación a prevención de posibles alertas de ameaza de parto prematuro, alimentación e vida saudable, lactación materna e información sobre método canguro e non separación especialmente nesas familias. Matronas e mulleres, unha vida xuntas!
Tags:
,